Tuesday 21 de May de 2024

Cambre sanciona a unha trintena de donos de cans por incumprir a ordenanza de animais no 2017


Denunciou a unha trintena de propietarios de cans por non recoller as defecaciones das súas mascotas, por entrar cos seus animais no interior de parques infantís e por circular pola rúa con eles soltos

Durante o ano 2017 o goberno local deseñou unha campaña de vixilancia para o cumprimento da ordenanza municipal de animais. Axentes de paisano, vixiaron espazos públicos, ante as numerosas queixas recibidas por parte de veciños da situación que se viña producindo en parques ou zonas verdes onde os cans estaban soltos, accedían a zonas prohibidas como parques infantís ou defecaban sen que os seus propietarios recollesen as deposicións.
Segundo a concelleira de Seguridade Cidadá, María Vazquez, a campaña se está a realizar durante todos os meses coa intención concienciar aos donos dos cans sobre a importancia de recoller os excrementos e de levar os seus cans atados polas rúas públicas. “Temos que concienciar aos donos dos cans de que as rúas son de todos os veciños. E temos que manterlas limpas. É unha obriga de todos”, apuntou.
En concreto, a Policía Local denunciou a trinta propietarios de animais no 2017; uns por non recoller as deyeccións das súas mascotas, outros por entrar cos seus animais no interior de parques infantís (estando expresamente prohibido), e tamén por circular pola rúa cos cans soltos.
As zonas urbanas nas que se incrementou a vixilancia foron nos parques, prazas públicas e zonas verdes do Temple, A Barcala e Cambre.
Por outra banda, a Policía Local denunciou a varios veciños que deixaban na rúa resto de comida para as pombas, o que provoca que aumente a colonia destas aves que causa danos e sucidade na rúa e nos edificios lindeiros.